10 años Energylab

Reposta na depuradora, circula coma calquera outro e é moito máis ecolóxico. Chega o autobús que fai a ruta da Coruña á Sada, pola fronte é un máis, pero polo lado xa intuímos que o que o move pode ser algo que saia dos nosos sumidoiros.

«É o primeiro vehículo de transporte metropolitano que se lle fai a transformación a gas biometano e nós agora mesmo estamos probando porque entendemos que son vehículo ecoloxicamente máis sostibles. Os usuarios quedaron moi sorprendidos ao saber que parte dos seus resíduos xeneran un gas que axuda ao movemento dun atobús.» Di Arturo Míguez, xerente de Cal Pita.

Circula coma calquera outro, 365 días ao ano e só a hora de repostar, na EDAR de Bens, constatamos que as nosas augas fecais son o gas que o move.
«Co potencial enerxético que ten esta depuradora que presta os seus servizos aos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros poderiamos alimentar case 90 autobuses ao día. E iso é modificar a política enerxética dunha cidade, porque que non haxa emisións si que repercute na saúde dos cidadáns.» Di Carlos Lamora, Director Xeral da EDAR de Bens.

Así que este bus é só a primeira mostra do que poden dar de si os resíduos que producimos.

«Unha parte do gas que se está xerando nesta depuradora estase empregando na planta que vemos detrás de min para purificarse, chegando a unha ratio de purificación incluso superiores ao gas natural que temos na rede. A maiores o que se pretende ao longo do ano é implantar un sistema de inxección na rede que permitirá inxectar parte dese gas renovable xerado na rede de gas natural.» Adianta David Meana, responsable da Área de Mobilidade Sostible do Centro Tecnolóxico EnergyLab.

Un bo xeito de termos asegurado o suministro, porque o noso metano non vai estar condicionado polas importacións.

Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo: Fuente: Informativos CRTVG

 

Otras noticias

Hidrógeno: tecnologías de generación y usos
marzo 13, 2024
EDIH DATAlife: la innovación digital en las pymes como motor de la competitividad
marzo 11, 2024
Enerxétika 2024: cita referente de innovación, negocio y conocimiento para el sector de la energía
febrero 27, 2024
Webinar del proyecto PDApp sobre el Proyecto de ley de prevención de las pérdidas y el desperdicio alimentario
febrero 7, 2024
El proyecto FIREPOCTEP+ arranca en su impulso por la prevención y lucha transfronteriza contra los incendios forestales
enero 18, 2024
GOC. S.A se une al patronato de EnergyLab
enero 16, 2024
Visita la planta hidroeléctrica de Touro para comenzar con las actividades técnicas de D-HYDROFLEX
diciembre 22, 2023